CRTVG

Buscar

Os concellos do Eume, con moitas vivendas vacacionais, piden axuda para reforzar os controis

Publicado o 06/04/2020 21:45

A Policía Local de Pontedeume controlaba esta tarde a entrada á vila para garantir que se respecta a orde de confinamento. Nos concellos da comarca do Eume preocupa o que poida pasar estes días de Semana Santa.

A zona é lugar de vacacións para moitas persoas que teñen aquí unha segunda vivenda. Aínda que as policías da zona fan controis aleatorios en colaboración coa Garda Civil din que os efectivos son insuficientes, por iso desde o Concello de Cabanas xa lle trasladaron á Delegación do Goberno a petición de que se reforce a presenza da Garda Civil ou de efectivos do Exército. A responsabilidade segue a pasar por permenecer nas casas.

Noticias web

06/04/2020