CRTVG

Buscar

Os concellos da Pobra do Caramiñal, Mos e Lobios, co nivel máximo de restricións

Publicado o 29/05/2021 17:30

Tres concellos galegos contan desde a medianoite do sábado coas restricións máximas. Ao ourensán de Lobios incorpóranse outros dous, o de Mos e o da Pobra do Caramiñal, que volve estar pechado perimetralmente.

Os seus datos epidemiolóxicos así o aconsellaron. Nos tres a incidencia acumulada a catorce días rolda ou supera os 500 casos por cada 100.000 habitantes.

No caso da Pobra, con 40 casos nos últimos 14 días, no de Mos con 93 e no de Lobios con 12. Nos tres municipios os datos da incidencia melloran se o miramos a sete días, pero aínda así están entre os 125 e os 250 casos, o que provocou o seu peche perimetral, xunto coa clausura da hostalería ata que se albisque unha mellora dos datos.

Noticias web

29/05/2021