CRTVG

Buscar

Os comuneiros denuncian desfeitas e lixo por festas ilegais na contorna de Vigo

Publicado o 15/04/2021 17:06

En plena pandemia e cos locais de lecer nocturno pechados, hai quen atopa na escuridade e soidade que ofrece o monte o lugar idóneo para facer caso omiso da normativa.

A policía tenta vixiar estas zonas, pero non sempre é posible. Outras festas máis urbanas tamén proliferan na cidade. A última, nunha vivenda da rúa Rola.

Cinco persoas foron propostas para sanción. A policía apela á conciencia social. Os comuneiros súmanse e engaden outra demanda, a do respecto polo medio ambiente.

Noticias web

15/04/2021