Os comuneiros de Coruxo denuncian os estragos causados pola práctica ilegal de motocrós
Son imaxes dos traballos de reforestacion do monte de Coruxo nunha das parcelas máis danadas polos incendios de 2015. Grazas á colaboracion destes voluntarios, máis do noventa por cento das especies plantadas conseguiron brotar. Porén, dous anos despois, os comuneiros de Coruxo denuncian os estragos causados nesta parcela pola práctica ilegal de motocrós.
A normativa é clara e, salvo excepcións relacionadas co coidado e protección do monte, as motos só poden circular polas pistas habilitadas.
Piden sensibilidade co patrimonio natural porque a convicencia coas motos é posible se todos cumprimos coa normativa.
Os comuneiros sorprenderon os motoristas que causaron os estragos e presentaron a pertinente denuncia ante os axentes forestais, o Seprona e o departamento rural da Policía Local.