CRTVG

Buscar

Os composteláns e os escasos visitantes xa atravesan a Porta Santa

Publicado o 01/01/2021 14:10

Nin a choiva nin o frío intenso desanimou á xente. As doce da mañá xa cruzaran a porta Santa máis de 300 persoas, a gran maioría residentes en Compostela.

E entre os que entraban pola porta santa só encontramos esta mañá a un peregrino. Brasileiro, acababa de chegar andando de Porto, coa esperanza de comezar un ano máis propicio.

A catedral permanecerá aberta a partir de hoxe de nove da mañá a oito e media da tarde. Para visitala non haberá que formalizar cita previa. O control do aforo realizarano o persoal da basílica. Iso sí durante as misas só poderán estar na nave central 130 persoas. En caso de que haxa cola para entrar pola Porta Santa tamén se poderá ingresar ao templo, como era habitual, pola porta de Praterías. E os que queiran abrazar ao apóstolo polo de agora terán que esperar, está tradición está en suspenso temporalmente. Pero o botafumeiro si que funcionará case todos os domingos en celebracións especiais ou por encargo.

Noticias web

01/01/2021