CRTVG

Buscar

Os comerciantes rexeitan a peonalización de varias rúas comerciais en Santiago

Publicado o 14/12/2020 14:45

Colocaron barreiras sinalizando a prohibición de circular e aparcar ao inicio das rúas Alfredo Brañas e Xeneral Pardiñas, dúas das máis comerciais de Santiago.

A medida posta en marcha polo Concello para favorecer o distanciamento social durante as compras de Nadal atópase co rexeitamento dos comerciantes, que aseguran que, lonxe de axudar, os prexudica.

"[Para nós é] supernegativo porque a xente como non pode entar co coche en Santiago non vai vir, vai marchar directamente as grandes superficies. Xa temos a experiencia de varias fins de semana que  non teñen pechado e que non veu ninguén. Os sábados agora son penosos. Non hai ninguén en Santiago", dinos un comerciante.

"Nótase porque queiras ou non, o que quere aparcar sempre habia un pequeno sitio para meterse pero é agora imposible", asegura outro.

Veciñanza e clientes tampouco cren que esta sexa a medida máis axeitada para unha cidade coma Santiago.

Aseguran os comerciantes que as multas por circular por estas dúas vías ou aparcar nelas están a espantar os poucos clientes que, alleos a esta prohibición, aínda se achegaban a mercar na zona.

Os veciños quéixanse ademais de que os poucos sitios onde se podia parar co coche se habilitaran como aparcamentos de motos que apenas teñen usuarios.

 

Noticias web

14/12/2020