Os comerciantes dos locais incendiados en Coia traballan contra o reloxo para reabrir
Traballo contra o reloxo dos comerciantes afectados polo incendio da pasada semana en Coia. Nun ano especialmente complicado por culpa do coronavirus, o lume volveu asestarlles un duro golpe aos seus negocios.
O lume estragou todo. Por iso dende o pasado xoves estes comerciantes traballan arreo para poder volver canto antes aos seus postos deste centro comercial Coia 4.
Ao custo económico súmase o emocional. Moitos propietarios levan aquí toda unha vida. E aínda que os seguros se van facer cargo dos danos, as perdas económicas van máis alá porque é nas vendas diarias onde obteñen os beneficios para subsistir.
E como Javier están outros 70 propietarios. O esforzo será máximo porque queren volver con todas as garantías nunha época de pandemia xa difícil de por si.
Traballan contra o reloxo coa axuda de xeradores. Os máis prexudicados tardarán un mes en retomar a actividade. Queren volver todos e todas e aseguran que se axudarán entre eles para que ningún teña que pechar as súas portas deste pequeno centro comercial en pleno corazón de Coia.