CRTVG

Buscar

Os combustibles están a prezos que non se vían desde hai anos

Publicado o 18/05/2020 14:55

As vendas de combustible caeron bruscamente polos efectos da pandemia, que provocou un abaratamento dos prezos que non se vía desde hai anos.

Na metade das gasolineiras de España o prezo do gasóleo está por debaixo do euro.

En Galicia, a Federación de Estacións de Servizo asegura que o coronavirus deixou perdas de entre un 70 e un 90% na metade das gasolineiras.

Unha situación que aseguran que vai mellorando lixeiramente a medida que se van levantando as restricións aínda que sen chegar a compensar, de momento, todo o que se perdeu.

Noticias web

18/05/2020