CRTVG

Buscar

Os cogomelos na primavera son menos abondosos ca no outono, pero habelos, hainos

Publicado o 11/05/2021 21:00

O bosque verde intenso de maio tamén agocha fungos que son excelentes comestibles.

Cantharellus cibarius é un cogomelo moi abondoso en outono, pero tamén podemos apañalos na primavera. O mesmo ca os boletos.

Pero sexa cal sexa a estación, cada ano hai menos exemplares e de menos calidade. Os expertos apuntan ao cambio climático, a recollida indescriminada e o abandono do monte.

E ollo, que tamén na primavera podemos dar con especies tóxicas.

Noticias web

11/05/2021