Os coches subirán 1.000 euros de media a partir de xaneiro
Publicado o 23/11/2020 15:10
Petición de apoio para un sector, o da automoción, que sofre a caída das vendas. Os concesionarios temen que a crise se agrave en xaneiro. E é que soben os impostos pola nova normativa de emisións e tamén se encarece o seguro.
Arestora o sector cifra nun 10% a caída das vendas ás portas do mes de decembro, en que tradicionalmente aumenta a demanda. Os concesionarios cren que o aumento do imposto de matriculacións previsto para xaneiro estimulará o mercado antes da fin do ano.