CRTVG

Buscar

Os coches máis contaminantes estarán vetados no centro histórico de Lugo

Publicado o 28/01/2020 15:32

A Ronda da Muralla é unha das rúas máis transitadas polos vehículos en Lugo e faise imprescindible para acceder a lugares como o concello, Facenda, a Deputación ou a praza de abastos. O actual goberno lugués xa tiña pensado peonalizar esta rúa pero agora a lei de cambio climático podería obrigar a acurtar os prazos previstos para facelo xa que podería entrar en vigor dentro de tres anos fronte aos oito que barallaba o concello.

"Haberá cousas máis importantes que quitar a circulación do centro. Queren que morra o centro da cidade."

"Parécem normal. Temos que combater a contaminación para poder respirar aire puro."

"Entendo que todo debe ter unha medida. Está ben combater a contaminación pero tamén hai que garantir accesos e servizos."

En prevsión do que poida pasar co tráfico de Lugo, moitos condutores xa adaptaron os seus coches as normativas medioambientais ou mesmo optaron por facerse cun vehiculo eléctrico.
 

Noticias web

28/01/2020