CRTVG

Buscar

Os clubes de atletismo coruñeses adestran nas pistas da Universidade pola falta de instalacións municipais

Publicado o 31/03/2021 21:09

Rapaces de varias idades que se dedican ao atletismo vense obrigados a adestrar nas instalacións da Universidade da Coruña. Teñen que facelo aquí desde hai anos, grazas a un convenio co concello, desde que se eliminaron as pistas de atletismo do estadio de Riazor.

Os responsables dos clubes quéixanse das restriccións horarias impostas pola universidade, agudizadas desde que comezou a pandemia . Horarios que ademáis se teñen que repartir entre os catro clubes existentes. Por iso demandan unhas instalacións que sexan propais do concello para non ter que estar, sinalan, de prestado

"O que demandamos desde sempre é ter unhas pistas para os coruñeses e para os atletas que estean afincados na Coruña,porque hai moitos atletas que pertencen a outros clubes de Galicia ou doutras partes de España e que non poden acceder", di o presidente do Club Marineda Atlético.

Afirman tamén que as instalacións deportivas universitarias non están preparadas para todas as disciplinas. No caso dos lanzadores teñen que adestrar nas instalacións do INEF

 "A escola de lanzadores, por exemplo, nesta pista de Elviña non se pode lanzar. O atletismo é multidisciplinar, ten moitas disciciplinas e entre elas están os lanzamentos e aquín non se pode lanzar nin martelo, non se pode lanzar un disco", afirma o presidente do Club Marineda Atlético

Aínda que recoñecen a boa vontade da concellería de Deportes, os clubes de atletismo pídenlle á corporación que cumpra a súa promesa de construir unhas instalacións municipais cun módulo cuberto.

Noticias web

31/03/2021