CRTVG

Buscar

Os clientes de dous centros comerciais de Vigo poderán facer PCR de balde

Publicado o 20/05/2021 18:34

De nove da mañá a dúas da tarde, clientes e traballadores do Centro Comercial Gran Vía poderán facer unha proba PCR gratis. Entre as dúas e media e as oito e media da tarde, o mesmo, no Centro Comercial Travesía. Un equipo sanitario do Servizo Galego de Saúde vaise desprazar a estes lugares, en principio, concorridos, buscando asintomáticos.

En Vigo houbo cribados masivos xa en catro mercados, nunha cadea de supermercados, na lonxa, nas farmacias, colexios. No centro comercial de Coia fixeron a proba case duascentas persoas, das que dúas deron positivo en coronavirus. As probas nos diferentes puntos da cidade súmanse ás que se realizan diariamente nos autocovid.

A participación da xente nos cribados anunciados en grandes espazos non está sendo moi elevada na área de Vigo.

Noticias web

20/05/2021