Os científicos que fixeron posible a vacina da covid reciben o Princesa de Asturias
•O Rei Filipe VI destaca a importancia de traballar unidos para saír adiante
Os sete investigadores que fixeron posible que o mundo tivera vacinas contra a covid nun tempo record recibiron o premio Princesa de Asturias de Investigación Científica. O teatro Campoamor púxose en pé para renderlle homenaxe e agradecemento.
Os Reis de España presidiron a cerimonia na que a Princesa de Asturias entregou os galardóns que levan o seu nome. Leonor díxolles aos galardoados que proxectan sobre a xente nova a certeza de que teñen moito que achegar, de que poden ser importantes e mostrarse responsables para tratar de pensar nun futuro máis sostible, máis xusto e mellor para todos.
Os premios tamén recoñeceron as loitas polos dereitos das mulleres a prol da igualdade que representan a xornalista Gloria Steinmen e a ONG Canfed que traballa a prol da educación das nenas africanas. Tamén a arte de Marina Ibramovic e a literatura de Emmanuel Carrere. E a capacidade de superación da deportista Teresa Perales e a solidariedade do chef José Andrés. O rei Filipe loou os valores dos premiados e tivo unha lembranza para os veciños da Palma. "Pedíronnos que non os esquezamos e xunto a todos os españois, así será", dixo o monarca. E destacou a importancia da unidade para saír adiante. "Unicamente traballando unidos polo ben común de todos é posible afrontar as situacións máis difíciles e saír vitoriosos", asegurou o rei Filipe.
Os Premios Princesa de Asturias volveron ao Teatro Campoamor. Todo un símbolo da normalidade que ansiamos para dar por superada a pandemia.