CRTVG

Buscar

Os cidadáns pídenlle ao Goberno portugués a relaxación do uso da máscara

Publicado o 21/07/2021 20:53

Son moitos os galegos que nestas vacacións cruzarán a raia para visitar Portugal, pero a normativa da máscara alí é diferente. Hai que levala en todo momento, pero os expertos instan estes días o Goberno luso a que relaxe esta restrición. 

Agora mesmo Portugal ten unha das normativas de uso de máscara máis duras de Europa, aprobada ata mediados de setembro. Esta decisión pareceulles esaxerada aos cidadáns no momento da súa aplicación pero parece que podería haber marcha atrás.

A comunidade médica portuguesa pediulle esta semana ao Executivo que a normativa se pareza máis á española e que non sexa precisa a máscara se hai distanciamento físico. Agora mesmo, a máscara ata é obrigatoria nas praias e baixo sanción.

O país sofre de cheo o impacto da variante delta: no centro e no sur xa supón o 100 % dos casos, o casl xustifica restricións como o peche perimetral de Lisboa as fins de semana. Hoxe hai 800 internados nos hospitais, unha cifra que non se vía dende a fatídica terceira vaga de principios de ano. 

Noticias web

21/07/2021