CRTVG

Buscar

Os centros sociocomunitarios prepáranse para a reapertura

Publicado o 02/03/2021 15:09

Os centros socioculturais, repartidos por toda Galicia, prepáranse para reabrir as súas portas. Nestes locais desenvólvese unha importante actividade dirixida, sobre todo, á poboación maior.

A previsión é que poidan retomar a súa programación nos vindeiros días, dependendo das decisións do comité clínico. Hai corenta e catro centros deste tipo dependentes da Xunta de Galicia, que son os que marcan a norma, pero tamén hai moitos centros que dependen de entidades sociais ou de concellos.

Segundo a conselleira de Política Social, Fabiola García, "estamos convencidos de que nas próximas datas estes centros sociocomunitarios poderán reabrir as súas portas para recibir os maiores. Dependendo da incidencia da covid en cada concello, poderán ir retomando as súas actividades".

Noticias web

02/03/2021