CRTVG

Buscar

Os centros educativos ao longo desta pandemia no día a día

Publicado o 23/10/2021 15:26

O peche dos centros educativos en Galicia marcou o punto de inflexión desta pandemia como constatación da gravidade da situación sanitaria.

Todo un reto que obriga a poñer en práctica en tempo récord novas medidas e novos soportes de aprendizaxe para poder chegar ao cen por cento do alumnado.

Remata o curso. Durante o verán ese comité educativo, en colaboración coa Consellería de Educación e a de Sanidade, traballan nese regreso ás aulas, con protocolos moi claros para minimizar os riscos. Unha benvida difícil e moi centrada no eido emocional.

Dezanove meses despois, o comité educativo fai balance. Conseguiron adaptarse ao reto tecnolóxico, normalizar os protocolos e comezar un novo curso nunha situación epidemiolóxica máis favorable.

Por iso queren seguir sendo cautos. Din que ese momento chegará, pero queren facelo con máis certezas e minimizando os riscos. Eles, xunto cos educadores, foron un exemplo durante esta pandemia a nivel normativo. Demostráronnos que poden continuar ensinando e aprendendo en tempos de coronavirus.

Noticias web

23/10/2021