CRTVG

Buscar

Os CDR calcinan colectores do lixo e os Mossos cargan en Barcelona no aniversario do 1-0

Publicado o 01/10/2020 22:35
Os CDR calcinan colectores do lixo e os Mossos cargan en Barcelona no aniversario do 1-0

Os manifestantes convocados polos CDR en Barcelona a tarde deste xoves polo terceiro aniversario do 1-O queimaron contedores na praza Catalunya, ata onde acudiron efectivos antidisturbios dos Mossos d'Esquadra, que cargaron con porra contra os concentrados.

Os manifestantes, que empezaron a protesta na praza Sant Jaume ás 20 horas, desprazáronse ata a Xefatura de Policía (en Vía Laietana) e despois dirixíronse ata praza Catalunya, preto da Rambla de Catalunya. Ata alí desprazáronse unha quincena de furgonetas dos Mossos aos que os manifestantes colocaron colectores do lixo ao seu paso. Tras as cargas policiais, dispersáronse e disolveuse a concentración.