CRTVG

Buscar

Os catro detidos en Xixón acusados de violación pasan a disposición xudicial

Publicado o 26/07/2021 14:56
Os catro detidos en Xixón acusados de violación pasan a disposición xudicial

Os catro turistas portugueses detidos en Xixón por unha suposta violación múltiple poderían pasar este luns a disposición xudicial. A xuíza que lles tomou declaración decidiu onte prorrogarlles a detención xudicial á espera de recibir a documentación completa dos atestados e dos partes de lesións das dúas rapazas de 22 e 23 anos que denunciaron a violación.

Segundo a súa declaración, foron obrigadas a manter relacións sexuais cos catro detidos tras acudir cun deles á pensión en que se hospedaban.

 

Noticias web

26/07/2021