CRTVG

Buscar

Os catro acusados da violación grupal en Callosa recoñecen os feitos e piden perdón á vítima

Publicado o 05/07/2021 18:28
Os catro acusados da violación grupal en Callosa recoñecen os feitos e piden perdón á vítima

Os catro acusados de violar unha rapaza o día de fin de ano de 2018 e gravalo en vídeo na localidade alacantina de Callosa d'en Sarrià recoñecen os feitos e pídenlle perdón á vítima. Fixérono durante a primeira sesión do xuízo na Adiencia Provincial de Alacante.

Os procesados, coñecidos como a 'manada' de Callosa aseguraron que o día dos feitos consumiran alcol e drogas en cantidades notables. Malia o seu arrepentimento, a Fiscalía desbotou un acordo e pide provisionalmente para os catro penas que suman 200 anos.

Noticias web

05/07/2021