Os catamaráns da Ribeira Sacra funcionan todos os días ata setembro
Cando aínda quedan máis de dous meses para que remate a temporada de catamaráns na Ribeira Sacra, xa se fixeron 20.000 reservas para viaxar polos ríos Miño e Sil e xa foron 15.000 as persoas que subiron aos barcos. A este ritmo, agárdase superar os 47.500 viaxeiros do ano pasado porque é na primeira quincena de agosto cando se dispara a demanda.
A paisaxe que ofrecen os viñedos é a principal motivación dos navegantes.
"Viñemos porque estamos moi interesados en ver e coñecer a zona de viñedo". "Tiña moitas ganas de coñecer esta zona, sobre todo polos viñedos". "Decidímonos a vir porque oiramos falar da viticultura nesta zona".
Os catamaráns fan tres saídas diarias e o custo do billete é de entre cinco e nove euros, e gratis para os cativos ata tres anos.