CRTVG

Buscar

Os casos detectados na cidade de Ourense duplicáronse na fin de semana

Publicado o 12/07/2021 15:58

En total, na cidade de Ourense hai actualmente 573 casos activos, duplicáronse os contaxios esta fin de semana. Un aumento disparado e preocupante que fai que Ourense se sitúe como a de maior incidencia das principais cidades galegas con eses 110 contaxios nas últimas 24 horas. Aínda así, a presión asistencial vaise mantendo, a maioría dos contaxiados son menores de 35 e pasan a enfermidade confinados no seu domicilio.

Moita precaución porque os casos non paran de medrar en toda a área sanitaria, preto xa do milleiro casos. A cidade de Ourense presenta a incidencia acumulada a 14 días máis elevada das sete cidades galegas.

A maioría dos contaxiados son xente nova. Tres de cada catro infectados son menores de 35. Unha quinta onda que comezou coas celebracións de finais de curso.

Unha subida disparada de casos que polo momento están sufrindo máis en Atención Primaria. As hospitalizacións mantéñense, hai 10 persoas en planta, por primeira vez en dúas semanas volve haber un ingreso na UCI.

Noticias web

12/07/2021