CRTVG

Buscar

O cribado de mozos da Coruña revela unha positividade do 0,25%

Publicado o 25/08/2020 19:42


Tanto o xerente do CHUAC coma o resto dos profesionais sanitarios que están na primeira liña na loita contra a Covid-19, coincidiron en sinalar que os últimos datos comezan a ser tranquilizadores. Porén insisten en que non hai que baixar a garda e manter todas as recomendacións

"Eu creo que este luns e este martes tivemos datos lixeiramente tranquilizadores, só lixeiramente tranquilizadores. Creo que o esfrozo dos profesionais e da poboación estase notando pero temos que seguir traballando porque estamos en momentos críticos", afirma a xefa de Medicina Preventiva do CHUAC.

Os datos da área sanitaria da Coruña reflicten que das case mil probas PCR realizadas nas últimas 24 horas detectan 50 novos positivos, o que da un balance de mil douscentos casos activos, só catro máis que os notificados onte. O xerente do CHUAC destacou os cribados masivos que se están a facer nos profesionais de risco segundo as listaxes facilitados polos nove concellos da área coruñesa. Tamén deu conta dos cribados que se están a facer a persoas novas, dentre 18 e 40 anos. Os primeiros datos deste cribado está a arroxar unha positividade do 0,25%

 "Son unhas 62.000 persoas xa, neste momento nos días que levamos iniciando esta actividade invitamos a face estas probas a máis de 5.000 mozos dos cales están a acudindo ao redor do 35%. ë unha cifra aceptable", sinala o xerente do CHUAC

Para todo isto están a traballar 64 profesionais sanitarios que dedicaron na última semana tres mil duascentoas horas ao labor da toma de mostras. Desde o 17 de agosto fixéronse, na área sanitaria coruñesa 11.000 probas PCR.

Noticias web

25/08/2020