CRTVG

Buscar

Falece un home de 89 anos que fora diagnosticado con coronavirus no CHUAC

Publicado o 03/10/2021 10:28

Unha persoa que fora diagnosticada con covid−19 faleceu nas últimas horas no Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC). Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, o home de 89 anos padecía patoloxías previas.

Respecto á situación epidemiolóxica, a evolución segue a ser positiva, aínda que sobe a cifra de persoas hospitalizadas. De acordo cos datos publicados este domingo, o número de casos activos segue en descenso. Son 782, 65 menos ca un día antes.

Por áreas sanitarias, a da Coruña aínda ten 190 casos activos, Vigo 51, Lugo 134, Ourense 124, Santiago 95, Pontevedra 63 e Ferrol 25.

Os contaxios detectados baixan a 35. A Coruña foi a área que máis casos computou, unha ducia, seguida por Vigo, con oito. O resto de áreas non superaron os cinco.

empeora un pouco a situación hospitalaria. Hai 43 doentes en planta, cinco máis ca onte. Mantéñense en 12 as persoas ingresadas na UCI e non se notificaron falecementos desde o xoves.

Desde o inicio da epidemia, Galicia rexistrou un total de 182.353 persoas infectadas de coronavirus, das cales, 178.967 recuperáronse e 2.639 morreron diagnosticadas coa covid−19.

Probas e vacinación

Ata o momento, efectuáronse 2.843.020 probas PCR para detectar o virus e outros 856.250 tests de antíxenos.

Canto á vacinación, a gran maioría da poboación galega (2,7 millóns de habitantes) recibiu algunha das vacinas homologadas, ao inxectárense un total de 4.392.539 doses.