CRTVG

Buscar

Os casos activos seguen descendendo, pero aumenta a ocupación hospitalaria

Publicado o 11/10/2021 10:04

• Aumenta a ocupación hospitalaria en planta (+3)

• Diminúe o número de contaxios á metade

Os casos activos seguen descendendo, pero aumenta a ocupación hospitalaria

Os casos activos seguen baixando e xa andan polos 500. En total, hai 502 persoas con coronavirus en Galicia.

Os contaxios tamén diminúen. Foron detectados 14 casos novos por probas diagnósticas, a metade que no día anterior.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 98 (-7)

A Coruña: 157 (+1)

Pontevedra: 30 (-8)

Santiago: 61 (-1)

Ourense: 77 (-10)

Lugo: 73 (-8)

Ferrol: 6 (+1)

Con respecto á ocupación hospitalaria, aumentan as persoas hospitalizadas en planta (+3). En total, hai dez persoas en coidados intensivos e 37 en planta.

Mapas de incidencia por concellos