CRTVG

Buscar

Os casos activos rexistran o menor aumento nun mes, pero as hospitalizacións superan as 300

Publicado o 30/07/2021 10:10

• As áreas sanitarias de Ourense e Santiago reducen os seus casos activos

García Comesaña: "Empezamos a ver os primeiros indicadores non de baixada, pero si de que non segue crecendo"

Os casos activos rexistran o menor aumento nun mes, pero as hospitalizacións superan as 300

Cuarto día consecutivo en desaceleración da curva desta quinta vaga. Hai 18.885 persoas con covid-19 en Galicia, 109 máis ca onte, o menor aumento nun mes.

No que respecta aos positivos por PCR, as áreas de Vigo, A Coruña e Pontevedra seguen a ser as que rexistran cifras máis elevadas, as tres por riba dos 200 positivos nun día.

Por áreas sanitarias, a repartición é a seguinte:

Vigo: 4.475 (+63)

A Coruña: 3.763 (+110)

Pontevedra: 3.031 (+26)

Santiago: 2.357 (-38)

Ourense: 2.097 (-112)

Lugo: 2.212 (+31)

Ferrol: 950 (+29)

Máis de 300 ingresados

Segue en aumento a presión asistencial. Hai xa 302 persoas hospitalizadas por mor da covid-19: 266 en planta (+24) e 36 nas UCI (+1).

O Sergas notifica o falecemento de dous homes por mor da doenza. Con eles, a cifra de vítimas no que vai de pandemia alcanza as 2.457.

Mapas de incidencia por concellos