CRTVG

Buscar

Quinto día sen notificárense falecementos, e os casos activos redúcense en 1.300

Publicado o 16/06/2021 20:08

• Baixan en todas as áreas agás na da Coruña, onde repuntan os positivos

• Os pacientes en planta baixan dos 50 por primeira vez en dez meses

Quinto día sen notificárense falecementos, e os casos activos redúcense en 1.300

A situación epidemiolóxica prosegue mellorando tras preto dun mes con decsenso de casos activos e de hospitalizados. Hoxe o Sergas notifica que no país hai 1.346 casos de covid−19, 33 menos ca onte, tras 65 novos positivos.

Dende que comezou a serie de 25 días consecutivos con baixadas de casos, estes reducíronse á metade: de 2.656 o 23 de maio a 1.346 hoxe.

Por áreas sanitarias, a repartición sería a seguinte:

A Coruña: 401 (+17)

Ferrol: 93 (+1)

Lugo: 175 (-13)

Ourense: 145 (-4)

Pontevedra: 124 (-4)

Santiago: 134 (-12)

Vigo: 274 (-18)

 

Menos de 50 persoas en planta

A situación nos hospitais mellora, aínda que dun xeito máis lento en comparación co descenso dos casos. Hai 62 persoas ingresadas pola doenza: 47 en planta (-5) e 15 nas UCI, igual ca onte. Non había tan poucas persoas en planta dende o 15 de agosto.

Hoxe o Sergas non notificou ningún caso, polo que a cifra de vítimas da pandemia no país segue a ser de 2.430. Galicia encadea seis días sen falecementos por mor do coronavirus.

Decrece a positividade

A taxa de positividade descende ata o 1,77 %, tras rexistrárense 65 positivos entre as 3.662 probas PCR realizadas onte ata as 18:00.

Mapas de incidencia por concellos