Os casos activos medran na área de Santiago con gromos en Ordes e Melide
Publicado o 29/08/2021 15:09
Máis dun cento de contaxios nos últimos 14 días, 89 deles diagnosticados na última semana, sitúan a Melide no nivel alto de restricións.
As terrazas son a maior baza dos bares e restaurantes, que traballan cun trinta por cento de ocupación no interior dos locais.
Maiores limitacións teñen en Ordes, onde a hostalería está totalmente pechada no interior dos establecementos. A localidade suma 73 casos nos última semana. Aquí tamén houbo celebracións.
En Ordes a incidencia acumulada a 14 días anda por riba dos 1.600 casos por cen mil habitantes e a de Melide tamén sobe dos 1.400 contaxios.