CRTVG

Buscar

Os casos activos descenden por debaixo dos 6.000 (-268)

Publicado o 06/09/2021 10:13

• Hai menos de 200 persoas hospitalizadas por coronavirus

• Baixan os novos casos detectados por PCR e por PDIA

Os casos activos descenden por debaixo dos 6.000 (-268)

A semana comeza cunha baixada importante dos casos activos, que xa están por debaixo dos 6.000. En total, hai 5.848 persoas con coronavirus, 268 menos que na xornada anterior.

Con respecto ás PCR, estas tamén experimentan un descenso. Detectáronse 195 probas positivas nas distintas áreas sanitarias. Destaca a de Lugo por ser a única que suma PCR positivas con respecto ao día anterior.

Canto aos casos detectados por PDIA, tamén descenden. Foron detectados 120 casos novos.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 858 (-51)

A Coruña: 1.457 (-59)

Pontevedra: 358 (13)

Santiago: 1.047 (-87)

Ourense: 586 (-7)

Lugo: 1.221 (-22)

Ferrol: 321 (-31)

A presión asistencial tamén descende. Hai menos de 200 persoas hospitalizadas en Galicia, 48 en coidados intensivos e 153 en planta. Por outra banda, o Sergas notificou o falecemento de dúas persoas por mor da covid−19, que eleva a cifra a 2.584 decesos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos