CRTVG

Buscar

O Sergas non comunica falecidos desde o venres, e os casos activos baixan dos 1.400

Publicado o 15/06/2021 20:05

• Descenden nas áreas de Vigo (-13), Santiago (-10) e Lugo (-11)

• Caen as probas PCR e sobe lixeiramente a positividade

O Sergas non comunica falecidos desde o venres, e os casos activos baixan dos 1.400

Nova xornada con redució de casos activos e novos positivos á baixa. En Galicia hai 1.379 persoas contaxiadas pola covid−19, 22 menos ca onte, segundo os últimos datos do Sergas, tras 60 novos positivos detectados. Seguimos así en niveis non vistos dende mediados de agosto.

Por áreas sanitarias, a repartición sería a seguinte:

A Coruña: 384 (+4)

Ferrol: 92 (+3)

Lugo: 188 (-11)

Ourense: 149 (+4)

Pontevedra: 129 (+1)

Santiago: 146 (-10)

Vigo: 292 (-13)

Menos persoas nas UCI

A situación hospitalaria, porén, está a sufrir certo estancamento na última semana en comparación coa evolución dos casos. As hospitalizacións mantéñense oscilando ao redor das 65 ou 70 persoas, sen unha tendencia clara ao descenso.

Os últimos datos de Sanidade contabilizan 67 persoas ingresadas: 52 en planta (+1) e 15 nas UCI (-3).

Outro dato positivo que cómpre destacar é a baixada na letalidade da doenza. Por cuarta xornada consecutiva, o Sergas non comunicou ningún falecemento por mor da covid−19 no país. Polo tanto, a cifra total mantense nas 2.430 persoas falecidas desde o comezo da pandemia en Galicia.

Baixan as PCR, sobe a positividade

Das 2.651 probas PCR realizadas, a menor cifra dende o 3 de abril, deron positivo 60, o cal revela unha taxa de positividade do 2,26 %.

Mapas de incidencia por concellos