Os casos activos descenden por debaixo do pico da cuarta vaga (3.010)
• Todos os concellos galegos están en risco baixo, agás Monforte
• Aumentan os novos casos detectados por PCR (+38)

Os casos activos seguen o seu descenso, que xa baixan do pico da cuarta vaga. En total, hai 3.010 persoas con coronavirus en Galicia, 239 menos ca o día anterior.
En canto ás PCR, estas experimentan un aumento con respecto á xornada de onte (+38). Foron detectadas 112 probas positivas.
Por outra parte, os novos casos por PDIA diminúen. Rexistráronse 59.
Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:
Vigo: 464 (-16)
A Coruña: 823 (-56)
Pontevedra: 204 (-10)
Santiago: 504 (-56)
Ourense: 323 (-18)
Lugo: 572 (-57)
Ferrol: 120 (-16)
A ocupación hospitalaria tamén descende (-15). Hai 35 persoas hospitalizadas en UCI (-2) e 99 en planta (-13). Por outra parte, o Sergas notificou o falecemento de dous homes por mor da covid, que establece en 2.610 o número de decesos desde o inicio da pandemia.