CRTVG

Buscar

Os casos activos baixan da barreira dos 500 e retoman o seu descenso

Publicado o 13/10/2021 10:53

• A ocupación hospitalaria diminúe na UCI e en planta

Os casos activos baixan da barreira dos 500 e retoman o seu descenso

Os casos activos seguen baixando e xa están por debaixo dos 500. En total, 495 (-13) persoas teñen coronavirus en Galicia.

Os contaxios tamén descenden con respecto ao día anterior (-2). En total, foron detectados 31 casos novos por probas diagnósticas.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 97 (-5)

A Coruña: 152 (-3)

Pontevedra: 31 (=)

Santiago: 68 (-2)

Ourense: 72 (-3)

Lugo: 66 (-3)

Ferrol: 9 (+3)

A ocupación hospitalaria diminúe tanto en coidados intensivos (-1) como en planta (-5). En total, hai 45 persoas hospitalizadas, 9 en UCI e 36 en planta. Con todo, o Sergas notificou o falecemento dunha muller con coronavirus, o que eleva o número de vítimas a 2.643 desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos