CRTVG

Buscar

Os casos activos baixan dos 700 e xa hai menos de 50 persoas hospitalizadas

Publicado o 06/10/2021 10:48
Os casos activos baixan dos 700 e xa hai menos de 50 persoas hospitalizadas

Os casos activos seguen o seu descenso e xa están por debaixo dos 700. En total, hai 679 persoas con coronavirus en Galicia.

Os contaxios aumentan (+7) con respecto ao día anterior. Foron detectados 31 casos novos por probas diagnósticas.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 130 (-2)

A Coruña: 171 (-8)

Pontevedra: 56 (-5)

Santiago: 79 (-6)

Ourense: 118 (+1)

Lugo: 111 (-10)

Ferrol: 14 (-6)

En canto á ocupación hospitalaria, esta descende tanto nas UCI (-1) como en planta (-7). Hai menos de 50 persoas hospitalizadas, en total 43, 12 en coidados intensivos e 31 en planta. Por outra banda, o Sergas non notificou novos falecementos por mor da covid−19 nas últimas 24 horas.

Mapas de incidencia por concellos