CRTVG

Buscar

Os casos activos baixan dos 5.000 por primeira vez en dous meses (4.793)

Publicado o 09/09/2021 11:02

• Descende a presión asistencial en UCI e en planta (-9)

• Aumentan os novos casos detectados por PCR (+26)

Os casos activos baixan dos 5.000 por primeira vez en dous meses (4.793)

O descenso da quinta vaga deixa 384 casos activos menos que o día anterior. En total, 4.793 persoas sofren coronavirus en Galicia.

Pola contra, as PCR positivas aumentan nas distintas áreas sanitarias galegas (+26). Foron detectados 175 novos casos por PCR.

Con respecto aos novos casos por PDIA, estes diminúen con respecto ao día anterior (-55). En total, 105.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 702 (-66)

A Coruña: 1.225 (-76)

Pontevedra: 301 (-15)

Santiago: 873 (-65)

Ourense: 512 (-31)

Lugo: 950 (-100)

Ferrol: 230 (-61)

A presión asistencial segue baixando (-9). Diminúe o número de persoas hospitalizadas en coidados intensivos (-6) e en planta (-3). Así, hai 43 persoas en UCI e 117 en planta. Por outra banda, o Sergas notificou o falecemento de tres persoas por mor da covid−19, que ergue a cifra a 2.595 decesos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos