Os casos activos baixan dos 2.000 por primeira vez en máis de dous meses
• Descende a ocupación hospitalaria (-6)
• Faleceron tres persoas por mor da covid-19 nas últimas 24 horas

Os casos activos seguen descendendo e hoxe xa están por debaixo dos 2.000, feito que non sucedía dende o 2 de xullo, hai máis de dous meses. En total, hai 1.926 persoas con coronavirus en Galicia (-145).
En canto os novos casos detectados por probas diagnósticas, rexistráronse 48 positivos, 13 menos ca no día anterior.
Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:
Vigo: 372 (=)
A Coruña: 505 (-31)
Pontevedra: 139 (-1)
Santiago: 272 (-29)
Ourense: 223 (-20)
Lugo: 356 (-62)
Ferrol: 59 (-2)
A ocupación hospitalaria tamén diminúe con respecto á xornada de onte (-6). En total, hai 24 persoas hospitalizadas en UCI (-1) e 63 en planta (-5). Por outra parte, o Sergas notificou o falecemento de tres persoas con coronavirus, o que alza a cifra aos 2.621 decesos desde o inicio da pandemia.