CRTVG

Buscar

Os casos activos baixan dos 1.600, malia a lixeira suba dos positivos

Publicado o 11/06/2021 10:10

• Os casos só se incrementan nas áreas da Coruña (+27) e de Ferrol (+8)

• A positividade volve aumentar, pero mantense por debaixo do 3 %

Os casos activos baixan dos 1.600, malia a lixeira suba dos positivos

Continúa a boa evolución da situación epidemiolóxica en Galicia. Hai 1.581 persoas con covid-19, 32 menos ca onte, segundo os últimos datos do Sergas. Baixamos dos 1.600 por primeira vez en case dez meses.

Por áreas sanitarias, a repartición sería a seguinte:

A Coruña: 361 (+27)

Ferrol: 108 (+8)

Lugo: 208 (=)

Ourense: 155 (-7)

Pontevedra: 157 (-14)

Santiago: 206 (-16)

Vigo: 386 (-30)

 

Menos de setenta hospitalizados

A ocupación de camas por mor da covid-19 leva vairas semanas mellorando. As últimas cifras amosan unha pequena suba nos ingresos en planta, que soben a 55 (+4), e unha baixada nas UCI, que quedan en 14 (-1).

Onte non se notificou ningún falecemento por mor da doenza, polo que a cifra global de vítimas no que vai de pandemia queda en 2.428.

Suba dos positivos

Unha importante suba nos positivos detectados na área da Coruña fai aumentar a positividade. Das 4.019 probas PCR realizadas (-138), deron positivo 106, o que revela unha taxa de positividade do 2,67 %, algo superior ás dos últimos días.

Mapas de incidencia or concellos