CRTVG

Buscar

Os casos activos descenden respecto ao pico da primeira vaga (5.177)

Publicado o 08/09/2021 10:58

• Aumentan as persoas hospitalizadas en UCI (+3)

• Diminúen as probas positivas detectadas por PCR (-9)

Os casos activos descenden respecto ao pico da primeira vaga (5.177)

Os descenso de casos activos xa está por debaixo do pico da primeira vaga. Rexistráronse 5.177, 379 menos que a xornada anterior.

Tamén houbo unha baixada das probas positivas por PCR con respecto ao día de onte (-9). En total, 149.

Por PDIA, detectáronse 90 casos novos por coronavirus, 71 menos que o día anterior.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 768 (-52)

A Coruña: 1.301 (-99)

Pontevedra: 316 (-11)

Santiago: 938 (-82)

Ourense: 543 (-14)

Lugo: 1.050 (-90)

Ferrol: 291 (-1)

A presión asistencial tamén experimenta un descenso. Hai 24 persoas menos en planta, en total 120; pero tres máis en coidados intensivos, en total 49. Por outra parte, o Sergas notificou o falecemento de dúas persoas por mor da covid−19, que eleva a cifra a 2.592 decesos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos