CRTVG

Buscar

Galicia baixa de 1.000 casos activos e de 50 hospitalizados nunha xornada sen mortes

Publicado o 01/10/2021 20:19

• Hai 930 persoas con coronavirus en Galicia (-76)

• Diminúe a ocupación hospitalaria en UCI (-3) e en planta (-3)

 

O descenso dos casos activos continúa e xa hai menos de 1.000 persoas con coronavirus en Galicia, en concreto, 930.

Por outra parte, aumentan os contaxios (+18). En total, detectáronse 41 novos casos por probas diagnósticas.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 198 (-16)

A Coruña: 209 (-12)

Pontevedra: 69 (-4)

Santiago: 112 (-10)

Ourense: 150 (-11)

Lugo: 169 (-21)

Ferrol: 23 (-2)

En canto á ocupación hospitalaria, diminúen as persoas ingresadas en UCI (-3) e en planta (-3). O total son 12 persoas en coidados intensivos e 36 en planta. O Sergas non notificou ningún falecemento por coronavirus, polo que a cifra total mantense en 2.638 decesos desde o inicio da pandemia.