Os casos activos, a ocupación hospitalaria e os novos casos seguen en descenso
• Soben os ingresos en UCI (+1), pero diminúen as persoas en planta (-4)
• O Sergas notificou a morte de dúas persoas por mor da covid-19

Os casos activos descenden ata os 2.580, 184 persoas menos con coronavirus en Galicia ca o día anterior.
Por PCR, foron detectados 101 novos casos, 16 menos ca o día anterior.
Por outra parte, rexistráronse 66 novos casos por PDIA.
Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:
Vigo: 433 (-1)
A Coruña: 687 (-73)
Pontevedra: 177 (-10)
Santiago: 409 (-47)
Ourense: 276 (-23)
Lugo: 510 (-15)
Ferrol: 88 (-15)
En canto á ocupación hospitalaria, esta tamén descende (-3). En concreto, hai unha persoa máis ingresada en UCI (32) e catro menos en planta (84). Por outra parte, o Sergas non notificou ningún felecemento na xornada do venres a causa da covid.