CRTVG

Buscar

Galicia sitúase como a comunidade coa incidencia máis baixa de España

Publicado o 14/10/2021 10:11

• Os casos activos, a ocupación hospitalaria e os contaxios seguen descendendo

Asturias é a outra comunidade en situación de nova normalidade

Galicia sitúase como  a comunidade coa incidencia máis baixa de España

A baixa dos casos activos continúa nunha xornada máis, en que hai 29 persoas menos con coronavirus ca o día anterior. En total, hai 466 casos activos en Galicia.

Os contaxios, pola súa parte, descenden (-15) á metade. Foron detectados 16 novos casos por probas diagnósticas.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 87 (-10)

A Coruña: 147 (-5)

Pontevedra: 26 (-5)

Santiago: 64 (-4)

Ourense: 73 (+1)

Lugo: 60 (-6)

Ferrol: 9 (=)

A ocupación hospitalaria tamén diminúe (-2). En total, hai 43 persoas hospitalizadas, dez en UCI (+1) e 33 en planta (-3). Con todo, o Sergas notificou un falecemento por mor da covid−19, que alza o número de decesos a 2.644 desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos