Os carburantes, por baixo do euro o litro por primeira vez desde 2016
Os prezos do gasóleo e a gasolina abaratáronse entre o 1,8 e 2,2 por cento nunha semana, e por vez primeira desde 2016 o litro sitúase por baixo do euro nalgunhas gasolineiras galegas.
As previsións é que estes prezos baixos se manteñan inalterables mentres dure o estado de alarma.O prezo medio do gasóleo abaratouse esta semana máis dun 2 por cento e caeu por baixo da cota dun euro por litro por vez primeira desde 2016.
Segundo o boletín petroleiro da Unión Europea, os prezos dos carburantes acumulan un retroceso de máis do 20 por cento, no caso do gasóleo, e do 18 no da gasolina con respecto aos máximos anuais que tocaron a principio de ano."Ao redor duns quince, dezaseis céntimos, máis ou menos."Neste final de abril, o prezo medio dos combustibles en Galicia é de 1,01 euros o litro para o gasóleo de automoción e 1,08 para a gasolina de 95 octanos, algo por riba da media española.
De media, o gasóleo é máis barato nos surtidores da Coruña e máis caro nos de Ourense, por unha escasa diferenza de décimas. O mesmo ocorre coa gasolina, qué é máis barata de media na provincia coruñesa e máis cara na de Lugo.
"Os clientes que se achegan aquí, pois intentan encher o depósito, intentan encher o vehículo, pero, sobre todo, ten moita incidencia no gasóleo de calefacción".
O abaratamento dos prezos dos carburantes ven acompañado da caída do cru nos mercados internacionais, que no caso do Texas americano chegou a semana pasada a cotizar en negativo.