'Os caprichos', de Goya, espidos polo gravador Xosé Poldras
Publicado o 16/11/2020 17:34
A mostra contén 80 debuxos, coa técnica de grafito sobre papel, que forman parte dunha obra gráfica máis extensa (160 debuxos en total) executados para acompañar o estudo teórico sobre unha vertente dos 'Caprichos', tema da tese de doutoramento de Xosé Poldras. Ademais do interese plástico, estes debuxos constitúen un estudo anatómico pormenorizado de todos os personaxes que poboan a carpeta de Goya.