Os candidatos socialistas pensan que "cada voto pode ser decisivo"
O secretario xeral dos socialistas galegos votou en Vigo. O secretario xeral dos socialistas galegos exerceu o seu dereito ao voto pasadas as 12 e media nunha das mesas electorais instaladas na casa do concello de Vigo. Acompañado por membros do partido, Gonzalo Caballero pediu unha alta mobilización do electorado para decidir, dixo, o futuro do país. "Que cada cidadán pense no país que quere e no país que non quere e vote pensando no futuro do país. O exercicio ao voto é un dereito e tamén unha responsabilidade para ter unha democracia próspera, plena e consolidada. Hoxe decidimos o futuro que queremos e por iso pedimos unha altar mobilización porque cada voto poder ser decisivo."
Xa pola tarde, Gonzalo Caballero desprazarase a Santiago para seguir o escrutinio na sede dos socialistas galegos. Os cabezas de lista en cada provincia tamén exerceron o seu dereito o voto.