Os candidatos, satisfeitos coa súa participación no debate
· Alberto Núñez Feijóo. O candidato do PP mostrouse "contento" tras a celebración do debate, a pesar de que eran seis candidatos contra el e que en moitos momentos, dixo, non o deixaron falar. Entende Feijóo que quedou claro que existen dous modelos: "unha mestura de dez partidos ou un goberno que xere certezas". Entende que a primeira opción daría lugar a un "Consello da Xunta ingobernable".
· Pancho Casal. O candidato da Marea Galeguista está "moderadamente satisfeito", consciente de que era o que menos experiencia tiña en debates. Dixo tamén que saíu "preocupado" por algunhas cousas que escoitou no debate, tamén por parte dos partidos de esquerda.
· Gonzalo Caballero. O candidato do PSdeG-PSOE vese o "vencedor" do debate e asegura que presentou o seu proxecto con rigor. Tamén demanda que haxa máis debates.
· Ana Pontón. A candidata do BNG retou hoxe o candidato do PP a manter máis debates, que ao seu entender son "un dereito da cidadanía".
· Antón Gómez Reino. O candidato de Galicia En Común, tamén se mostra satisfeito e di que cada vez está máis preto un pacto de goberno progresista. "Aínda hai partido; comezou a remontada da esquerda", dixo.
· Beatriz Pino. A candidata de Ciudadanos di que os que gañaron foron os galegos. "Somos a opciòn de modernidade, diálogo e moderación", dixo.
· Ricardo Morado, de Vox, mostrou a súa satisfacción porque o obxectivo deles era "dar a sorpresa" e conseguírono, na súa opinión.