CRTVG

Buscar

Os candidatos de Pontevedra chaman á participación cidadá

Publicado o 26/05/2019 18:17

O máis madrugador en Pontevedra foi o actual alcalde nacionalista que votaba poucos minutos despois das nove da mañá e que confía nunha alta participación nesta xornada.

O número un dos populares acodía a votar coa súa muller e a súa fillo e agradecía que a xornada transcurra con tranquilidade.

O candidato socialista animou a participar nestes comicios e apelou a forza do voto.

Desde Marea Pontevedra, Luis Rei, lembrou que nestes comicios se votan aos candidatos máis próximos aos cidadáns.

Gregorio Revenga, cabeza de lista de Ciudadanos, invitou a achegarse ás urnas con ilusión.

Os candidatos pontevedreses agradeceron o traballo a todos os que hoxe colaboran nestes comicios.

Noticias web

26/05/2019