Os candidatos de C's e do PP á alcaldía de Madrid sofren cadanseu 'escrache'
Publicado o 15/05/2019 21:32
Os candidatos de Ciudadanos e do PP á alcaldía de Madrid sufriron cadanseu escrache mentres paseaban pola pradeira de San Isidro. Ducias de persoas con carteis da Plataforma Antidesafiuzamento increparon con berros e asubíos a Begoña Villacís, que está a piques de dar a luz. Membros do seu equipo rodeárona para evitar que se achegaren a ela ata que interveu a policía.
Despois, os integrantes da plataforma dirixíronse á caseta do PP no momento da chegada do candidato á alcaldia. José Luis Martínez Almeida foi recibido entre os insultos dos afectados pola hipoteca e os aplausos dos militantes.