CRTVG

Buscar

Os candidatos ao Parlamento Europeo pasan o día con amigos e compañeiros

Publicado o 25/05/2019 15:14

Dos candidatos ás eleccións europeas hoxe puidemos ver o cabeza de lista do PSOE, Josep Borrell, quen vai aproveitar a xornada de reflexión para descansar en compaña da súa familia. Antes, paseou polo parque do Retiro, en Madrid, onde algúns viandantes quixeron saudalo e facerse fotos con el...O candidato de Ciudadanos ao Parlamento Europeo, Luis Garicano, dixo que pasará a tarde coa súa muller. Esta mañá acompañado por outros membros das listas da formación laranxa á Asemblea de Madrid e ao Concello, protagonizaron un encontro na capital.

 

Noticias web

25/05/2019