Os candidatos á alcaldía de Lugo animan os veciños a votar na xornada electoral
Ás once da mañá votaba o candidato do Partido Popular, Ramón Carballo, que destacaba que hoxe é o día dos cidadáns.
Ramón Carballo, PPdeG: "Hoxe é o dia dos lugueses, o día de votar, o día de deseñar o modelo de cidade que os lugueses queren para os próximos catro anos".
A actual alcaldesa, a socialista, Lara Méndez agarda poder culminar o seu proxecto.
Lara Méndez, PSdeG-PSOE: "Queremos culminar o proxecto iniciado, hoxe toca chamar á participación, que a xente exerza o seu dereito".
O cabeza de lista de Lugonovo, Xosé Chorén, invitou a participación masiva.
Xosé Chorén, Lugonovo: "Que participen masivamente porque canta máis participación haxa máis consolidado será o proceso".
O nacionalista Rubén Arroxo dixo que hoxe é o día clave.
Rubén Arroxo, BNG: "Estamos ante o día clave, o día en que se toman as decisións, o día en que se escribe o futuro dos próximos anos".
A candidata de Ciudadanos, Olga Louzao, confía no inicio dunha nova etapa: "Animo a que non queden na casa, a que vaian votar, é necesario que poidamos comezar unha nova etapa".
Carlos Portomeñe de Alternativa Cidadá de Esquerdas, destacou a importancia desta xornada.
Carlos Portomeñe, ACE-EU: "Fago un chamamento á xente a participar, á mobilización da esquerda para que entenda a importancia destas eleccións e do que nos xogamos os próximos catro anos".
Todos se amosaron ilusionados coa xornada.