Os campións do hóckey visten de verde e branco
O Liceo conquistou contra o Barça a súa décima Copa do Rei
Di o himno do Liceo que os campións do hóckey visten de verde e branco. O Liceo sempre volve ao lugar dos tíulos. Quizais porque, en realidade, nunca se vai de todo. Caeu a décima copa, esa que se facía de rogar dende o 2004. E con ela, a emoción.
Juan Copa: "Canto custa gañar estas cousas...".
Cada título que o Liceo lle gaña ao Barcelona, rival que triplica o orzamento, é un pequeno gran milagre. O Liceo ten ollo: este ano apostou por Adroher e foi decisivo na final. Canda el un da casa, César Carballeira. Entre os dous abateron o xigante, que se revolveu e rabuñou ata o incerto 2-2, pero foi derrubado polo meigo da bola parada. A éxtase...
Dava Torres: "Non hai nada máis bonito que gañar un título rodeado dos teus. É un sentimento indescriptible, é o escenario máis bonito do mundo".
Apenas gañada a Copa, David volve desafiar a Goliat xa para o ano. Así é o modo de vida Liceo.