CRTVG

Buscar

Os cámpings, á metade da súa capacidade

Publicado o 13/07/2020 20:55

A estas alturas do verán este cámping da Illa de Arousa tiña que estar completo. Pero máis da metade das parcelas están baleiras. E o mesmo pasa nestoutro de Vilanova.

Sergio Bouzas Leiro. Cámping El Terrón "Agora mesmo pola semana no restaurante estamos a un 20% e no cámping a un 40%".

José Manuel Millán. Cámping Salinas: "Agora a un 50%, non hai máis. A xente chama preguntando se imos ter sitio para tal semana de agosto, pero non reservan".

Os clientes tamén consomen menos no restaurante. Os espazos comúns dannos medo a pesar das medidas de hixiene.

Sergio Bouzas Leiro. Cámping Playa El Terrón:"Cada dúas ou tres horas facemos limpeza de baños e instalacións comúns e tamén están divididos. Se hai seis duchas só se poden usar tres para logo limpalas mentres usan as outras".

José Manuel Millán. Cámping Salinas "Sae unha persoa do baño e xa se limpa. Nos bungalows deixámolos 24 horas baleiros para desinfectalos".

Os protocolos de limpeza aumentaron os gastos dos cámpings e os ingresos van a menos. Agora só agardan que haxa vacina pronto e poidan salvar as vacacións do ano que vén.

Noticias web

13/07/2020